jueves 17 de enero de 2008

madamme cell

mira ti...agora que xa me estaba cansando de isto aparece meu igmig favorito polo mundo...con un blog cheo de esas cousas que fai agora gracias a o ocio.
que viva o ostracismo!!!

lunes 17 de diciembre de 2007

Suspiros de artificio



Consta no ideario científico que na nosa especie non ten muito que pintar a felicidade. Estamos programados para gastar pouco en automantemento da nosa maquinaria (o xusto, apenas resistir unhas poucas enfermedades que nos pasan as moscas) e sen embargo ocupamos muitos recursos na creación dun novo ser, hai que buscar parella, convencela, aparearse e intentar manter a vida do cachorriño uns anos. Apenas rematado este choio xa morremos, en teoria non temos tempo como para andalo gastando na contemplación e disfrute da nosa obra.
A especie humana enfrontase a un problema, estamos programados para durar apenas 30 anos, o suficiente para ter un nacemento prematuro, unha infancia larguísima, desarrollarnos, e dar pé a unha nova criatura. De esta forma non hai tempo para o ocio e menos para pensar na felicidade, son cousas que deixamos na man dos deuses, para despois da morte. Sen embargo e gracias a nosa glotoneria cientifica, hoxe en dia duramos de media uns 70-75 anos. Nos empeñamos en lograr ese sentimento que bioloxicamente non nos pertence e conseguimos convertir esta busqueda absurda nun novo problema, os curtocircuitos mentales non tardan en aparecer, neurosis, esquizofrenias, suicidios, parece ser que non podemos loitar contra o noso pensamento reptiliano. Tal vez o fillo do carpinteiro tiña razon, a felicidade está en amarse uns por riba dos outros e intentar manter a especie. Quizais o tremendo desenvolvemento da linguaxe escrita e as memorias fisicas que inventamos non sexa mais que a nosa loita contra a desaparición e o esquencemento da nosa especie.
¿para qué, enton, nos preocupamos en buscar a felicidade se non estamos preparados para asumila?. Pois porque nos falta ser conscientes de que esa loita está perdida de anteman, de que é un sentimento que non nos pertence, de que estamos anclados na busqueda dun artificio inventado por nos e de que a única recompensa desa búsqueda é a frustración. Suspiramos para derrotar a o ADN.

jueves 4 de octubre de 2007

adiantando novembro

novembro cae. A gravidade, tan atractiva ela, xa comenzou a espallar as suas estreliñas de poder sobre nos, e aqui estamos, rendindonos a súa forza.
Un enorme placer me enche cando traballo con Maria, todo flúe, aproveitamos a forza e xogamos a serpentear por onde nos leve.

jueves 13 de septiembre de 2007

Cabeza nas nubes


Destino colleume da man e fumos a loitar outra vez co que está escrito, desta volta conseguín superar a miña condición humana e convertinme en paxaro.

E a enorme bola separada de min por unha hora...


Os deuses regalaronme a oportunidade de romper as súas normas, no colo do vento sentín a física de man propia, convertendo a enerxia potencial en cinética e a cinetica en potencial.
Alí estaba eu , Ícaro, levando os mandos do ADN.

Gracias Comandante Voagaliñas ;)




video

viernes 7 de septiembre de 2007

Hoxe


O paseo de hoxe foi definitivo, uns kilómetros destes que miden mil metros largos, cheiños hasta arriba de centímetros para mercar tabaco.
O ritmo das pegadas crea ese divertido e profundo estado de aillamento e a deriva me leva á luz.

Bos dias, acabo de chegar a esta cidade.